Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Da batea e outros mares
A "batea virtual" onde @s bateir@s do colexio Xulio Camba iremos colgando as nosas historias

14/06/2008 GMT 1

Cinco de xuño día do medio ambiente

dabateaeoutrosmares @ 21:28

Reciclas na casa? Nós si e esperamos que ti tamén o fagas vale.
Sabedes para que é cada contenedor? O azul a para o papel e para o cartón;O vidro bótase no contenedor de cor verde.As latas e os tetabriks.E por ultimo o gris que e para restos de residuos.Gústavos reciclar?A nós si, porque é moi divertido con tantas cores.Pero tamén é moi difícil aprendelas todas cando xa hai algúns malos hábitos adquiridos. Aínda que non vós guste, debelo facer porque e bo para o medio ambiente e para o noso Planeta,e se non o facedes prexudicades a capa de ozono máis de que está.Moito ollo coas pilas! non as tiredes co resto do lixo, contaminan moito; no colexio temos un contenedor para elas. Fai un ano, máis ou menos, os alumnos de sexto curso e algúns de quinto fixeron xunto ao mestre Juan (mestre de música),unha canción dedicada ao medio ambiente e a o non abandono dos animais chamada:"O ceo", para os que non a escoitaron nunca é moi bonita, tan bonita que grabaron un disco coa discográfica galega "Casa de Tolos" a finais de curso.Polo nadal puxérono a venda.
Aparte da reciclaxe hai outras cousas que hai que facer para mellorar o medio ambiente como cando lavamos os dentes non deixar a billa aberta, cando lavamos a louza temos que cerrar a billa mentras que non precisemos a auga, ducharnos no canto de bañarnos, reutilizar a auga de lavar a froita e a verdura etc. />
Ben,ímonos despedindo, ah! unha cousa o lema do 2008 do medio ambiente:"Deixa o hábito!!!Cara a unha economia baixa en carbono"
Por un desenrolo sostible. De nós depende.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis