Allariz
O día 27 de maio fixemos as maletas impacientenente, para o día seguinte ter todo preparado. No medio da viaxe paramos para comer algo ou ir ao baño. Cando chegamos fomos, a Santa Mariña de Augas Santas. Visitamos unha igrexa románica, con varios rosetóns moi bonitos.
Cando entramos na igrexa contáronnos a historia de Santa Mariña de Augas Santas. Mariña era moi creente pero o seu pai non cria.
Entón un señor moi rico quería casar con Mariña, pero ela díxolle que ela só quería casar con Deus. o señor ante tal negativa decidiu atala de mans e pés e deixala nunha fortaleza subterránea e prenderlle lume, pero habia dous buratos: un no chan e outro no teito. Polo burato do teito apareceu San Pedro, e díxolle que escapara por ese burato. Pero encontráronna e decapitárona. Din que a súa cabeza deu 3 botes, e neses sitios onde botou naceron tres fontes!
Cando saímos de Santa Mariña de Augas Santas fomos para Allariz e comemos no Fogar dos Maiores de Allariz.
Pola tarde visitamos unha granxa de ovellas e unha queixería.Un dos donos explicounos como cuidaban, como munxían e tamén como se facía o queixo. Algúns mercámolo para probalo, é bastante forte.
Despois fomos dar un paseo pola beira do río Arnoia que levaba moita auga e cruzámolo por duha ponte tan estreitiña e sen varandas que parecía que te mareabas.Alí tamen están as pedras e as árbores co tronco pintado e según de donde as mires, ves unha cousa ou outra. Son obra de Ibarrola.
Despois fomos a pìscina e pasámolo ben.Logo subimos ao autobús e fomos ceare durmir ao albergue dos Salesianos. Pasámolo moi ben.A algúns custounos moito coller o sono!!
A mañá do día 29 madrugamos e fomos con dous guias percorrer a vila que é preciosa e está moi ben coidada:Os muíños, a fabrica do coiro,as pontes, o museo do Xoguete...
Despois de xantar fomos dar un paseo pola beira do río que ten un paseo moi coidado. Nas presas a auga ao caer facía cascadas cunha escuma branca e un fermoso son.
A media tarde estabanos espèrando Benito co autobús para volver a Vilanova.Pasámolo moi ben.
Gracias a Proxectoterra (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e a outras Institucións que colaboran para a realización deste proxecto e de xeito especial a Xosé Manuel que foi quen nos organizou tan ben esta viaxe.

Chúzao
del.icio.us