Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Da batea e outros mares
A "batea virtual" onde @s bateir@s do colexio Xulio Camba iremos colgando as nosas historias

28/01/2008 GMT 1

30 de xaneiro Día Escolar da Non Violencia e a Paz

dabateaeoutrosmares @ 17:29

Trátase dunha iniciativa educativa na que o fio condutor é o ensino en valores de non violencia e de cultura pacificadora. Propugna unha educación permanente en, e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade,a igualdade,a xustiza, o diálogo, o respecto, os dereitos humanos...
A elección desta data(que se celebrou por 1ª vez no ano 1964)débese a que o 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado "Mahatma"(gran alma) Gandhi, home de Paz que transmitiu esta mensaxe ao mundo:

"Amor Universal, Non-violencia e Paz. O Amor Universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra"

No cole estamos traballando en varias actividades:

* En Radio Batea, que é a nosa radio do patio de recreo, estamos falando sobre a paz, lendo poesías, recollendo novas positivas dos xornais e comentándoas, lendo mensaxes que nós escribimos, escoitando música...A Paz mola, mola moito!!
* O mércores no patio do Edificio Norte imos cantar unha canción de Juanes, "Nada Particular", imos ler mensaxes sobre a paz e logo colocarémolas nun gran mural. Que chuli vai quedar!! Ao mellor soltamos pombas como símbolo da Paz. Que bonitas!! Se non temos pombas lanzaremos globos cheos de esperanza e ilusión.
* Coa axuda do profesorado estamos facendo murais para os vestíbulos dos dous edificios.

Ah, esquecíaseme! Nuns días imos sacar o noso suplemento-revista BALAS PERDIDAS, monográfico da Paz e sempre fala cousas moi bonitas.>

Ben, estas son algunhas cousas que facemos pola PAZ no colexio Xulio Camba. E ese día o compañeirismo reina! COMO TEN QUE SER!!

DESEXAMOS QUE ISTO NON SEXA COUSA DUN DÍA, PORQUE TODOS OS DÍAS SON ESPECIAIS PARA NOS SENTIR E ESTAR BEN.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis