O PORTO DE VILANOVA
Hai uns días os alumnos de 6º fixemos unha visita ao porto de Vilanova guiados por José Mª Leal, que días antes viñera ao centro a darnos unha charla sobre a actividade portuaria en todo o mundo.
Foi moi interesante así que decidimos coñecer o noso porto.
Un porto é un lugar que lle serve de abrigo ós barcos e onde se cargan e descargan todo tipo de peixe e marisco.
O porto de Vilanova ten tres zonas: a zona de atraque, a zona comercial e a deportiva:
-A zona de atraque: É onde atracan os barcos, é dicir, onde chegan os barcos a porto.
-A zona comercial: É onde se pesa, se vende e se carga o peixe ou o marisco, e se non hai selección,vai para a fábrica.
-A zona deportiva: É a zona privada de algúns barcos.Cada barco ten unha praza, que é onde ten que atracar.
Todos os portos son distintos,porque uns teñen as súas instalacións, para descargar mexilón, como o de Vilanova, e outros, como o novo porto de Vilagarcía, para contenedores.
No porto de Vilanova cárgase e descárgase maioritariamente mexillón, e as veces, algún polbo.Destínanse a Francia e a Italia, pero tamén a outros puntos de España.

Chúzao
del.icio.us